ENDL IES O Couto

25 de novembro de 2014




DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



A violencia contra as mulleres é  una constante ao longo da  historia.  Aínda no século XXI segue presente de moi diversas formas, entre outras: psicoloxicamente, causando dano emocional e diminución da autoestima; fisicamente, provocando maltrato ou agresión que afecta á integridade física das mulleres; tamén sexual, o que implica a vulneración do dereito da muller a decidir voluntariamente sobre a súa vida sexual;  simbólica, coa  que, a través de estereotipos que transmiten desigualdade nas relacións, se normaliza a subordinación da  muller na  sociedade.
Por iso, resulta imprescindíbel seguir loitando para acabar con esta tara, nomeadamente desde a educación. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario