ENDL IES O Couto

25 de novembro de 2014




DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



A violencia contra as mulleres é  una constante ao longo da  historia.  Aínda no século XXI segue presente de moi diversas formas, entre outras: psicoloxicamente, causando dano emocional e diminución da autoestima; fisicamente, provocando maltrato ou agresión que afecta á integridade física das mulleres; tamén sexual, o que implica a vulneración do dereito da muller a decidir voluntariamente sobre a súa vida sexual;  simbólica, coa  que, a través de estereotipos que transmiten desigualdade nas relacións, se normaliza a subordinación da  muller na  sociedade.
Por iso, resulta imprescindíbel seguir loitando para acabar con esta tara, nomeadamente desde a educación. 


20 de novembro de 2014



Atelié OPS!


OPS! é o que exclamamos cando nos damos conta de algo que xa  sabiamos.
Con este atelié queremos mostrar tamém que a nosa vantaxe competitiva como galegos é a lingua e nel os contidos audiovisuais teñen especial destaque. A nosa pretensión é que os estudantes entren en contacto co portugués, que descubram as potencialidades da lingua, que aprendan a distinguir os “falsos amigos” e que coñezan sites onde encontrar material (músicas, filmes...) cos que continuar a aprender a través da Rede, de maneira autónoma.  Os alumnos descobren a vantaxe competitiva que eles teñen con respecto a outros rapaces de cidades como Madrid, Salamanca... e que, nese sentido, “os galegos somos especiais e privilexiados".





11 de novembro de 2014



SAMAÍN

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR


Neste Samaín temos un concurso de relatos, cuxas bases estarán expostas no taboleiro de Normalización e Dinamización Lingüística do centro

A BIBLIOTECA DO TERROR






                                                   

    Falas OU que? 


É unha campaña para difundir por WhatsApp. Premendo no "rabo de galo" podemos usalo como foto de perfil durante uns días e así veremos cantos dos nosos contactos falan galego e/ou concordan coa nosa iniciativa.