ENDL IES O Couto

23 de febreiro de 2015

APRENDER PORTUGUÉS VALE A PENA

http://www.tvi24.iol.pt/internacional/espanha/aprender-portugues-vale-a-pena-para-todos-os-galegos

11 de febreiro de 2015

San Valentín

Para Ti

Foi para ti
que desfolhei a chuva
para ti soltei o perfume da terra
toquei no nada 
e para ti foi tudo

Para ti criei todas as palavras
e todas me faltaram
no minuto em que talhei
o sabor do sempre

Para ti dei voz
às minhas mãos
abri os gomos do tempo
assaltei o mundo
e pensei que tudo estava em nós
nesse doce engano
de tudo sermos donos
sem nada termos
simplesmente porque era de noite
e não dormíamos
eu descia em teu peito
para me procurar
e antes que a escuridão
nos cinguisse a cintura
ficávamos nos olhos
vivendo de um só
amando de uma só vida
                   Mia Couto






Concurso " LINGUA DE NAMORAR " 2015





Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.
Para participar no concurso, só tes que premer no botón “Envía as túas mensaxes” e cubrir o formulario. Ademais da mensaxe ou mensaxes, cómpre indicar os datos persoais e de contacto.
Características das mensaxes 
Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes escritas en lingua galega, en prosa ou en verso, ao concurso Lingua de namorar (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe).
Categorías de idade e premios Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade determinadas polas bases:
Categoría A (de 14 a 19 anos):
    Primeiro premio. Cámara somerxible Fujifilm FinePix XP70 + actividade de aventura para dúas persoas
      
    Segundo premio. Tablet para lectura Kindle, con pantalla táctil de 6’’
      
    Terceiro premio. Videocámara deporte dixital impermeable
Categoría B (de 20 a 35 anos):
    Primeiro premio. Tablet 4.0, 10,1’’ de 32 XG + actividade de aventura para dúas persoas
    Segundo premio. Disco duro Toshiba Canvio Basics 2.5’’ (USB 3.0, 1 TB)
    Tarxeta regalo Spotify Premium de 6 meses
 
Prazos de participación e votación O prazo para enviar as mensaxes remata o domingo 22 de febreiro.
Do 23 ao 27 de febreiro abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.
Xurado e resolución O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.
Os nomes das persoas gañadoras publicaranse o 9 de marzo no web (http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar.html).
Podes consultar as bases completas de Lingua de namorar nesta ligazón.


San Valentín

Este 14 de febreiro, fain@ gozar coa lingua